
Cantas vivendas abandoadas ten no teu pobo?
canta xente sen casa propia?
por que razón necesitamos posuir unha residencia?
por que estúpida razón necesitamos sabernos posuidores?
seguridade, tranquilidade..........posesión...
ABANDONO.
Cantos recordos se perden ó esquezerse dun lugar?
que nova vida esperalle a éstes?
o sacrificio polo nacemento dun novo mounstro de cemento?
a agonía por unha morte lenta?, cun certo parecido á lepra,
á vista dos camiñantes e observadores; seres á sua vez cada
intre mais escasos, inmersos na comodidade da velocidade e a modernidade.
estraños e faltos de curiosidade seres somos,
ou poñemos todo o noso esforzo en comportarnos como tal.
Esta non e unha reflexión sobre ocupación,
pretende ser unha reflexión sobre a recuperación da vida,
dos espazos, da vida dos espazos;
e máis importante, a recuperación da nosa conciencia;
da imediata necesidade de cambio de metodoloxía de vida.
Atendede ó son do río cando se desborda.


